Envío de resumos
El envío de los resúmenes, las comunicaciones y las ponencias definitivas se efectuará cumplimentando ambos documentos correspondientes en la ventana adjunta. Una vez cubiertos, deberán ser enviados a la Secretaría Técnica del Congreso a través de la siguiente cuenta de correo: oceano@docomomoiberico2025.com. Es necesario estar inscrito en el congreso para presentar dichas comunicaciones.
Prazo pechado
A Fundación Docomomo Ibérico, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convidan a calquera investigador/a interesado/a na arquitectura moderna a presentar as súas contribucións científicas no marco do XIII Congreso Docomomo Ibérico. O Congreso aspira a dar conta de cuestións e coñecemento relativos aos temas propostos e a ofrecer debates abertos entre relatores e asistentes, ademais de compilar a correspondente escolma de investigacións. Polo tanto, o autor que teña seleccionada unha proposta nas Actas, asumirá o dobre compromiso de asistir presencialmente ao Congreso e, de ser o caso, presentar o seu traballo oralmente.
A selección de propostas será levada a cabo en dúas fases, ambas con revisión por pares cegos.
Envío de resumos
Para o envío de resumos, os autores deberán cubrir e asinar os tres documentos solicitados antes do 15 de decembro.
1. Un resumo da proposta, cunha extensión de 500 palabras e sen firmar para poder proceder á súa revisión garantindo o anonimato. Irá acompañada de dúas imaxes relativas a esta e dunha sucinta bibliografía, ademais de indicar o tema do Congreso ao que cómpre adscribila.
2. O mesmo documento anterior co engadido dos datos do autor ou autores e un breve currículo cunha extensión de 200 palabras. Non se admitirán propostas con máis de dous autores.
3. O acordo de cesión de dereitos, garantindo que a comunicación é un traballo propio e orixinal e que non foi publicada anteriormente.
O resumo da proposta debe ter ambición científica. Deberá xustificar a elección do tema e avanzar a metodoloxía e as fontes empregados na investigación. Estes requisitos serán a base do formulario de revisión que se lles proporcionará aos correspondentes revisores.
Logo de recibidos os resumos, o Comité Organizador enviará aos revisores aquelas sinopses que cumpran co indicado nas bases da convocatoria e seleccionará as que considere que reúnen a calidade e o interese suficientes. Seguidamente, convidará os seus autores a presentaren un artigo completo de 4000 palabras (notas, pés de imaxes e bibliografía incluídas), que tamén será sometido ao proceso de revisión por pares cegos. Será necesaria a aceptación do resumo, a inscrición no Congreso e a entrega na segunda fase do texto completo coa calidade e o rigor científico debidos para que a comunicación poida formar parte das Actas, unha publicación con ISBN que se lle entregará a quen se inscriba no Congreso e que será presentada na inauguración deste.
No caso de que se presenten e acepten máis dun resumo, o autor ou os autores deberán escoller un deles para incluír o artigo correspondente nas Actas, renunciando á publicación dos demais.
Unha vez revisados, a aceptación dos resumos será comunicada aos seus autores por correo electrónico o 30 de xaneiro de 2025.
A data límite para recibir os traballos completos é o 1 de abril. Os autores serán notificados das revisións correspondentes por correo electrónico o 1 de maio, para que poidan responder a calquera comentario e suxestión enviada antes do 30 de xuño.
O Comité Científico procederá a revisar os textos completos e comunicará o resultado da súa escolma de relatorios orais para as sesións do Congreso o 15 de xullo.
Segunda fase
Nesta segunda fase, en función da cantidade de textos recibidos e da coherencia das súas liñas temáticas, serán seleccionadas aquelas contribucións que poidan suscitar maior interese, tanto por calidade como por adecuación de contidos. Convidarase daquela os seus autores a que presenten oralmente o seu relatorio, nun tempo aproximado de quince minutos, no marco dunha mesa temática concreta e sempre de maneira presencial. A dirección do Congreso resérvase o dereito de asignar os relatorios seleccionados ás mesas que estime máis axeitadas e a modificar o número e tema destas. En calquera caso, para favorecer a máxima participación, non existirán mesas paralelas.
As contribucións que non sexan seleccionadas para a súa presentación oral serán recollidas igualmente nas Actas, a condición de que respondan ás observacións recibidas en ambas as fases de revisión e se axeiten ao manual de estilo proporcionado polo Comité Organizador cando se comunique a aceptación das propostas. Aqueles autores que non paguen as taxas de inscrición en tempo e forma, que non atendan ás correccións suxeridas nas sucesivas revisións, que non cumpran coas datas de entrega das devanditas revisións, que incumpran criterios de orixinalidade e rigor científico ou que non sigan as normas editoriais establecidas serán excluídos da publicación.
Os idiomas oficiais do Congreso son o castelán, o galego e o inglés, e poderán utilizarse tanto nas comunicacións coma nas sesións públicas do Congreso.
Preguntas frecuentes
Cantas persoas poden asinar unha comunicación?
Unha ou dúas persoas, e todas as que a asinen teñen que estar inscritas no Congreso.
Cantas imaxes se poden presentar por comunicación e como deben presentarse?
Por comunicación, admítense un máximo de oito imaxes, en cor ou/e branco e negro, en JPG ou TIF, a 300 pp. cunha dimensión máxima de 20 cm no lado maior da imaxe e mínima de 7 cm no lado menor.
As imaxes deben ser únicas; non se poden presentar varias agrupadas.
Podo presentar máis dunha comunicación?
Si, aínda que se se admite máis dunha, o autor deberá escoller unha delas para incluír nas Actas, renunciando á publicación das demais.
Pódome inscribir sen presentar comunicación?
Si. Preséntese ou non comunicación, a inscrición é aberta, con dereito ás mesmas atencións en calquera modalidade de inscrición, incluso se a comunicación presentada non fose admitida.
Se non son Amigo de Docomomo Ibérico, podo facerme amigo antes de inscribirme no Congreso?
Si. Dese xeito, o novo Amigo de Docomomo Ibérico pódese beneficiar do menor custo da inscrición.
Consultas
Secretaría técnica: OCÉANO AZUL COMUNICACIÓN
oceano@docomomoiberico2025.com
Teléfono
(+34) 981 90 90 12
Síguenos nas redes!
Política de privacidade
Aviso legal
Política de cookies
DIFUSIÓN CONGRESO
· Cartel vectorial
· Flyer
Créditos fotografías
Familia de Ramón Vázquez Molezún
Fundación Docomomo Ibérico
Fondo gráfico IAPH/Plácido González
La Nueva España
José Hevia
Lluís Casals
María Luisa González García
Mar Martínez Díez
Susana Landrove
Luis Argüelles
Joaquín Michavila
Víctor Muñoz Macián